Exposición 'Galicia imaxinada nas revistas da emigración', na Legislatura de la Ciudad Autónoma de Buenos Aires
O luns 27 de maio ás 18:00 h, no Hall de Honor da Lexislatura da Cidade Autónoma de Bos Aires, inaugúrase a mostra Galicia Imaxinada nas revistas da emigración, exposición que retrata a Galicia dos/as emigrantes: a real e a idealizada a través de vinte paneis que permiten visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe da Galicia no século XIX.
- A exposición Galicia Imaxinada establece o seu discurso coa revisión de revistas porteñas como Céltiga, Suevia e Almanaque Gallego, xunto coas habaneiras Eco de Galicia e Tierra Gallega, entre moitas outras. Unha mostra que, alén de reconstruír a Galicia dos/as emigrantes: símbolos, tradicións e tópicos, permite tamén acadar unha imaxe completa da cultura visual da época.
Datas da exposición: do 27.05.2019 ao 31.05.2019
Máis info: www.legislatura.gov.ar | Facebook | Twitter | Instagram

Evento:
Exposición
Organiza:
Legislatura de la Ciudad Autónoma de Buenos Aires
Consello da Cultura Galega
Secretaría Xeral da Emigración - Xunta de Galicia
Data:
27.05.2019
31.05.2019
Hora:
18:00
Lugar:
Legislatura de la Ciudad Autónoma de Buenos Aires
Perú, 160
C1067AADCiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





