Exposición 'Galicia imaxinada nas revistas da emigración', na Legislatura de la Ciudad Autónoma de Buenos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
237 lecturas

O luns 27 de maio ás 18:00 h, no Hall de Honor da Lexislatura da Cidade Autónoma de Bos Aires, inaugúrase a mostra Galicia Imaxinada nas revistas da emigración, exposición que retrata a Galicia dos/as emigrantes: a real e a idealizada a través de vinte paneis que permiten visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe da Galicia no século XIX.

  • A exposición Galicia Imaxinada establece o seu discurso coa revisión de revistas porteñas como Céltiga, Suevia e Almanaque Gallego, xunto coas habaneiras Eco de Galicia e Tierra Gallega, entre moitas outras. Unha mostra que, alén de reconstruír a Galicia dos/as emigrantes: símbolos, tradicións e tópicos, permite tamén acadar unha imaxe completa da cultura visual da época.

Datas da exposición: do 27.05.2019 ao 31.05.2019

Máis info: www.legislatura.gov.ar | Facebook | Twitter | Instagram

Exposición 'Galicia imaxinada nas revistas da emigración', na Legislatura de la Ciudad Autónoma de Buenos Aires
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Legislatura de la Ciudad Autónoma de Buenos Aires
Consello da Cultura Galega
Secretaría Xeral da Emigración - Xunta de Galicia
Data: 
27.05.2019
31.05.2019
Hora: 
18:00
Lugar:
Legislatura de la Ciudad Autónoma de Buenos Aires
Perú, 160
C1067AADCiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina