Encontro informativo 'IA y Big data aplicados en el e-commerce: Cómo seleccionar los productos ganadores', en Madrid
O martes 28 de maio a partir das 19:00 h, na sede da Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, a Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA), organiza o encontro informativo IA y Big data aplicados en el e-commerce: Cómo seleccionar los productos ganadores.
Programa :
- 19:00 h - Presentación del evento por Julio Lage, presidente de Aegama
- 19:15 h - Relatorio de José Luis Martinez Arana, presidente de Empresario 2.0
- 19:40 h - Caso de éxito de Carlos Trujillo e Carolina Arroyo, vendedores/as en Amazon
- 20:00 h - Preguntas
- 20:30 h - Viño español por cortesía de Empresario 2.0
- 21:00 h - Final do evento
O comercio electrónico é un dos sectores con maior crecemento exponencial anual. No terceiro trimestre de 2018 marcou un fito: por primeira vez, creceu a un ritmo do 29,9% e superou a barreira de 10.000 millóns de euros nun só trimestre, segundo a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ( CNMC). Estes datos demostran a importancia de estar inmerso/a nun sector que ofrece grandes oportunidades de negocio, así como a necesidade de manterse actualizado/a diante as novidades.
Por iso da man de José Luis Martínez Arana, presidente e fundador de Empresario 2.0, expoñerase neste encontro o modelo de negocio que desenvolveu sobre a venda en Amazon, baseado no novo Método Reverse®. Explicará as claves para elixir os mellores produtos para vender en Amazon, os tips para iniciar unha tenda online no marketplace máis grande do mundo e as recomendacións para que as marcas se introduzan neste ámbito e incrementen as súas vendas.
Inscricións: en www.eventbrite.es ou no correo-e gerente@aegama.com indicando nome, empresa e número de asistentes.
Máis info: www.aegama.com | Facebook | Twitter | LinkedIn





