Encontro informativo 'IA y Big data aplicados en el e-commerce: Cómo seleccionar los productos ganadores', en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
244 lecturas

O martes 28 de maio a partir das 19:00 h, na sede da Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, a Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA), organiza o encontro informativo IA y Big data aplicados en el e-commerce: Cómo seleccionar los productos ganadores.

Programa :

  • 19:00 h - Presentación del evento por Julio Lage, presidente de Aegama
  • 19:15 h - Relatorio de José Luis Martinez Arana, presidente de Empresario 2.0
  • 19:40 h - Caso de éxito de Carlos Trujillo e Carolina Arroyo, vendedores/as en Amazon
  • 20:00 h - Preguntas
  • 20:30 h - Viño español por cortesía de Empresario 2.0
  • 21:00 h - Final do evento

O comercio electrónico é un dos sectores con maior crecemento exponencial anual. No terceiro trimestre de 2018 marcou un fito: por primeira vez, creceu a un ritmo do 29,9% e superou a barreira de 10.000 millóns de euros nun só trimestre, segundo a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ( CNMC). Estes datos demostran a importancia de estar inmerso/a nun sector que ofrece grandes oportunidades de negocio, así como a necesidade de manterse actualizado/a diante as novidades.

Por iso da man de José Luis Martínez Arana, presidente e fundador de Empresario 2.0, expoñerase neste encontro o modelo de negocio que desenvolveu sobre a venda en  Amazon, baseado no novo Método Reverse®. Explicará as claves para elixir os mellores produtos para vender en  Amazon, os  tips para iniciar unha tenda  online no  marketplace máis grande do mundo e as recomendacións para que as marcas se introduzan neste ámbito e incrementen as súas vendas.

Inscricións: en www.eventbrite.es ou no correo-e gerente@aegama.com indicando nome, empresa e número de asistentes.

Máis info: www.aegama.com | Facebook | Twitter | LinkedIn

Encontro 'IA y Big data aplicados en el e-commerce: Cómo seleccionar los productos ganadores', en Madrid
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA)
Data: 
28.05.2019
Hora: 
19:00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: