Asemblea xeral ordinaria e eleccións 2019 do Patronato da Cultura Galega de Montevideo
O venres 3 de maio, na sede da entidade galega na capital uruguaia, o Patronato da Cultura Galega de Montevideo celebra a súa asemblea xeral ordinaria e eleccións 2019.
Eleccións:
- De 16:00 a 19:00 h. procederase á elección de catro (4) membros titulares e oito (8) suplentes para a renovación parcial da Xunta Directiva, e un/ha (1) titular e dous/dúas (2) suplentes para a Comisión Fiscal.
Asemblea xeral ordinaria: Primeiro chamamento: 19:30 h; segundo chamamento: 20:00 h.
- Orde do Día:
-Lectura da Acta anterior.
-Informe das actividades do exercicio 2018-2019.
-Consideración do informe de tesourería, balance 2018 e informe da Comisión Fiscal.
-Designación de dous/dúas asembleístas para asinar a Acta da Asemblea.
O prazo para a presentación de listaxes vence o luns 29 de abril de 2019 ás 20:00 h.
Máis info: Facebook

Evento:
Asemblea
Organiza:
Patronato da Cultura Galega
Data:
03.05.2019
Hora:
16:00
Lugar:
Patronato da Cultura Galega
Avda. Gral. Rondeau, 1421
Montevideo - 11100Montevideo Uruguai
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





