Contacontos en galego, no Centro Galicia de Bos Aires
O mércores 27 de marzo de 16:30 a 17:30 h, na Biblioteca Rosalía de Castro da sede da entidade galega na capital arxentina, a Comisión de Cultura do Centro Galicia de Bos Aires, co gallo da celebración do Día Mundial da Narración Oral, organiza un Contacontos en galego.
- A bibliotecaria Marta Villar leralles ás/aos máis cativos/as (e a pais/nais e avós/avoas acompañantes) algúns contos en galego co obxectivo de difundir e preservar a tradición oral galega e a lectura no noso idioma.
- Acompañarase esta xornada con algunha proxección audiovisual de contos curtos.
- Actividade aberta ao público en xeral.
Máis info: biblioteca@centrogalicia-bsas.org | centrogalicia-bsas.org | Facebook | Twitter

Evento:
Representación
Organiza:
Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo
Data:
27.03.2019
Hora:
16:30
Lugar:
Centro Galicia de Buenos Aires - Biblioteca Rosalía de Castro
Bartolomé Mitre 2552
C1039AAPCiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





