EU Nationals - understand your options post-Brexit (Cidadáns/ás da UE - entender as túas opcións post-Brexit), en Londres
O mércores 7 de marzo de 19:00 a 21:00 h, no Islington Town Hall de Londres, a asociación Islington In Europe organiza unha charla gratuíta dirixido a cidadáns/as da UE e ás súas familias para proporcionar información e asesoramento sobre o seu dereito a vivir e traballar no Reino Unido, e como solicitar a residencia permanente e a nacionalidade británica. Este evento é apoiado polo Islington Council.
Wilson Solicitors & Wesley Gryk Solicitors, avogados/as especializados/as en leis de inmigración, tamén responderán preguntas, que inclúen:
- Cales son os meus dereitos actuais?
- Como afectará o Brexit a estes?
- Cando e como podo solicitar unha Permanent Residence Card?
- Cando e como podo solicitar a cidadanía británica?
- Poden os/as meus/miñas fillos/as postularse para ser británicos/as?
Máis info e inscricións: www.eventbrite.co.uk

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Islington In Europe
Data:
07.03.2018
Hora:
19:00
Lugar:
Council Chamber - Islington Town Hall
Upper Street
Londres - N1 2UDLondon Reino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





