EU Nationals - understand your options post-Brexit (Cidadáns/ás da UE - entender as túas opcións post-Brexit), en Londres

Listen to this page using ReadSpeaker
654 lecturas

O mércores 7 de marzo de 19:00 a 21:00 h, no Islington Town Hall de Londres, a asociación Islington In Europe organiza unha charla gratuíta dirixido a cidadáns/as da UE e ás súas familias para proporcionar información e asesoramento sobre o seu dereito a vivir e traballar no Reino Unido, e como solicitar a residencia permanente e a nacionalidade británica. Este evento é apoiado polo Islington Council.

Wilson  Solicitors & Wesley  Gryk  Solicitors, avogados/as especializados/as en leis de inmigración, tamén responderán preguntas, que inclúen:

  • Cales son os meus dereitos actuais?
  • Como afectará o Brexit a estes?
  • Cando e como podo solicitar unha Permanent Residence Card?
  • Cando e como podo solicitar a cidadanía británica?
  • Poden os/as meus/miñas fillos/as postularse para ser británicos/as?

Máis info e inscricións: www.eventbrite.co.uk

EU Nationals - understand your options post-Brexit (Cidadáns/ás da UE - entender as túas opcións post-Brexit), en Londres
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Islington In Europe
Data: 
07.03.2018
Hora: 
19:00
Lugar:
Council Chamber - Islington Town Hall
Upper Street
Londres - N1 2UDLondon
Reino Unido