Sesión informativa sobre cuestións xurídicas e laborais, en Hamburgo

Listen to this page using ReadSpeaker
717 lecturas

O venres 24 de novembro, das 15:00 ás 17:00 h, a asociación Arbeit und Leben Hamburg organiza unha sesión informativa en español sobre cuestións xurídicas e laborais.

Temas a tratar:

  • Como e onde encontro postos de traballo?
  • Documentos de solicitude - Que necesito?
  • Revisión do teu curriculum vitae (CV) e a túa carta de presentación
     
  • Cales son os fundamentos de convalidación dos títulos estranxeiros?
  • Onde podo validar os meus certificados escolares, títulos académicos e o meu certificado de formación profesional?
  • Existen axudas financeiras para os gastos de recoñecemento dos títulos profesionais?
     
  • Que dereitos e obrigacións teño como empregado/a?
  • Convenios colectivos e retribucións
  • Condicións laborais (vacacións, xornada laboral, protección laboral etc.)

Nota: recoméndase levar o CV ou documentos de traballo ao evento se desexas revisalo e leva os títulos/diplomas se tes preguntas en canto á convalidación.

Programa completo: picar aquí para descargar

Máis info e inscricións:

Alina Weber
alina.weber@hamburg.arbeitundleben.de
Teléfono: +49 (40) 284016-80

Sesión informativa sobre cuestións xurídicas e laborais, en Hamburgo
Evento: 
Curso
Organiza: 
Arbeit und Leben - Hamburg
Data: 
24.11.2017
Hora: 
15:00
Lugar:
Arbeit und Leben - Centro de asesoría para empregados europeos
Besenbinderhof 58
Hamburgo - 20097 Hamburg
Alemaña