Sesión informativa sobre cuestións xurídicas e laborais, en Hamburgo
O venres 24 de novembro, das 15:00 ás 17:00 h, a asociación Arbeit und Leben Hamburg organiza unha sesión informativa en español sobre cuestións xurídicas e laborais.
Temas a tratar:
- Como e onde encontro postos de traballo?
- Documentos de solicitude - Que necesito?
- Revisión do teu curriculum vitae (CV) e a túa carta de presentación
- Cales son os fundamentos de convalidación dos títulos estranxeiros?
- Onde podo validar os meus certificados escolares, títulos académicos e o meu certificado de formación profesional?
- Existen axudas financeiras para os gastos de recoñecemento dos títulos profesionais?
- Que dereitos e obrigacións teño como empregado/a?
- Convenios colectivos e retribucións
- Condicións laborais (vacacións, xornada laboral, protección laboral etc.)
Nota: recoméndase levar o CV ou documentos de traballo ao evento se desexas revisalo e leva os títulos/diplomas se tes preguntas en canto á convalidación.
Programa completo: picar aquí para descargar
Máis info e inscricións:
Alina Weber
alina.weber@hamburg.arbeitundleben.de
Teléfono: +49 (40) 284016-80

Evento:
Curso
Organiza:
Arbeit und Leben - Hamburg
Data:
24.11.2017
Hora:
15:00
Lugar:
Arbeit und Leben - Centro de asesoría para empregados europeos
Besenbinderhof 58
Hamburgo - 20097 Hamburg Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





