Magosto 2017 en Copenhague
O domingo 5 de novembro a partir das 15:00 h, no VerdensKulturCentret da capital dinamarquesa, a Casa da Cultura Galega en Copenhague organiza o Magosto 2017.
- Haberá castañas, chourizos asados, viño con denominación de orixe, torta de Santiago e queimada (tódolos produtos son traídos dende Galicia). Tamén haberá café de balde e, para os/as máis cativos/as, zume ou refrescos (gratis)
- Custo da entrada: 150 DKK (hai desconto para socios/as; sobre como facerse socio/a, picar aquí)
- O aforo é limitado, polo que se recomenda ás/aos interesados/as en participar na degustación de todos os produtos enviar un correo-e ao enderezo casadaculturagalegacph@gmail.com ou deixar unha mensaxe no facebook
Máis info: casagalegacph.wixsite.com, facebook e Instagram

Evento:
Magosto
Organiza:
Casa da Cultura Galega en Copenhague
Data:
05.11.2017
Hora:
15:00
Lugar:
VerdensKulturCentret
Nørre Allé 7
København - 2200Copenhagen Dinamarca
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
10.04.2026 a 11.04.2026





