Magosto 2017 en Copenhague

Listen to this page using ReadSpeaker
641 lecturas

O domingo 5 de novembro a partir das 15:00 h, no VerdensKulturCentret da capital dinamarquesa, a Casa da Cultura Galega en Copenhague organiza o Magosto 2017.

  • Haberá castañas, chourizos asados, viño con denominación de orixe, torta de Santiago e queimada (tódolos produtos son traídos dende Galicia). Tamén haberá café de balde e, para os/as máis cativos/as, zume ou refrescos (gratis)
  • Custo da entrada: 150 DKK (hai desconto para socios/as; sobre como facerse socio/a, picar aquí)
  • O aforo é limitado, polo que se recomenda ás/aos interesados/as en participar na degustación de todos os produtos enviar un correo-e ao enderezo casadaculturagalegacph@gmail.com ou deixar unha mensaxe no facebook

Máis info: casagalegacph.wixsite.comfacebook e Instagram

Magosto 2017 en Copenhague
Evento: 
Magosto
Organiza: 
Casa da Cultura Galega en Copenhague
Data: 
05.11.2017
Hora: 
15:00
Lugar:
VerdensKulturCentret
Nørre Allé 7
København - 2200Copenhagen
Dinamarca