O secretario xeral da Emigración asiste á homenaxe a Luis López Salgado “Pitis”
A Asociación de Xornalistas de Galicia promoveu a celebración deste recoñecemento público ao xornalista de 'La Región Internacional', co gallo do seu recente pasamento.
No acto interviron tamén, entre outros, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez.
Hoxe celebrouse en Ourense un acto público de homenaxe ao xornalista desta cidade, Luis López Salgado “Pitis”, coa participación do alcalde Xesús Vázquez, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, profesionais da comunicación, familiares, amizades da cidade das Burgas e veciñas e veciños do barrio ourensán da Ponte.
A celebración deste recoñecemento público ao xornalista de La Región Internacional -proxecto do que foi destacado alicerce- foi promovido pola Asociación de Xornalistas de Galicia co gallo do seu reciente pasamento, pola sua personalidade apreciada entre todas e todos os colegas de profesión de Ourense e de toda Galicia. A súa traxectoria profesional como xornalista, como promotor e mesmo como vendedor de ideas e de espazos en La Región Internacional acredítano suficientemente como merecedor desta homenaxe por parte da ciudade de Ourense.
O acto consistiu na colocación dun pequeno monolito na base dunha árbore prantada no parque Ribeiriño, preto do lugar onde se ubica a súa casa natal e lugar de convivencia habitual nos anos mozos de "Pitis", e nel interviñeron ademais de Santalices e Miranda, o presidente de la AXG, Arturo Maneiro; o xornalista Lalo Pavón, quen fixo referencia á traxectoria profesional de "Pitis"; de seguido un fillo do xornalista pronunciou unhas palabras de agradecemento; e pechouse o acto coa intervención do alcalde da cidade, Xesús Vázquez Abad.
Persoeiro do xornalismo do eido da diáspora
Alicerce de La Región Internacional, proxecto xornalístico pioneiro -o primeiro xornal español dedicado á emigración- que botou a andar da súa man en 1966, Luis López Salgado percorreu moitas veces, como director xerente deste medio de comunicación, todos os recunchos de América e Europa onde unha ou un emigrante decidira asentarse para escoitalo e contar a súa historia. A emigración débelle, xa que logo, conseguir ter voz en anos onde non era doado facerse ouvir.
Novas relacionadas





