Mes da Galeguidade 2017 da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina

Listen to this page using ReadSpeaker
938 lecturas

Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina celebra, ao longo do mes de xullo, o seu Mes da Galeguidade, coa seguinte programación (confirmar horarios):

8 de xullo, 19:00 h - Encontro coral

  • Organizado conxuntamente coa Asociación Tui - Salceda, na sede desta entidade (Maza, 457)
  • Contará coas actuacións de agrupacións corais da colectividade como o Coro Polifónico do Centro Gallego de la Plata, Residentes de Vigo, a Asociación Tui - Salceda, o Centro Galicia de Bos Aires e a Coral Semente da Federación

15 de xullo, 19:00 h - Xuntanza de cantareiras

  • Organizada conxuntamente coa Asociación Tui - Salceda, na sede desta entidade (Maza, 457)
  • Contará, entre outras, coas actuacións das agrupacións de cantareiras das entidades organizadoras, a Asociación Mutual Navia de Suarna, do Centro Cultural del Partido de La Estrada

21 de xullo, 19:00 h - Inauguración de nova sala do MEGA e presentación de libro

  • Inauguración da nova Sala de Sociedades do Museo de la Emigración Gallega en la Argentina - MEGA (Chacabuco, 955), que pretende honrar ás diferentes sociedades que conformaron historicamente a Federación e axudaron a construír  Galicia desde a diáspora
  • Presentación do libro Crónicas y recetas, do xornalista e cociñeiro galego Manuel Corral Vide, publicado pola Editorial Alborada

29 de xullo, 18:30 h - Gala do Mes de Galicia

  • No teatro Bambalinas da Federación (Chacabuco, 955)
  • Coas actuacións das agrupacións da A.B.C. do Partido de Corcubion, Sociedad Parroquial de Vedra, Tui-Salceda, Asociacion Navia de Suarna, e a banda de gaitas e percusión 'Dúas Beiras' e o conxunto de danza galega 'Estróupele' da Federación, e a queimada de Ramón Suárez 'O Muxo'

Programa completo: picar aquí para descargar

Máis info: na web www.fsgallegas.org.ar, facebook, Twitter e Instagram

 

Mes da Galeguidade 2017 da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Evento: 
Día de Galicia
Organiza: 
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Data: 
08.07.2017
29.07.2017
Lugar:
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Chacabuco, 955 - (San Telmo)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1069Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina