Mes da Galeguidade 2017 da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina celebra, ao longo do mes de xullo, o seu Mes da Galeguidade, coa seguinte programación (confirmar horarios):
8 de xullo, 19:00 h - Encontro coral
- Organizado conxuntamente coa Asociación Tui - Salceda, na sede desta entidade (Maza, 457)
- Contará coas actuacións de agrupacións corais da colectividade como o Coro Polifónico do Centro Gallego de la Plata, Residentes de Vigo, a Asociación Tui - Salceda, o Centro Galicia de Bos Aires e a Coral Semente da Federación
15 de xullo, 19:00 h - Xuntanza de cantareiras
- Organizada conxuntamente coa Asociación Tui - Salceda, na sede desta entidade (Maza, 457)
- Contará, entre outras, coas actuacións das agrupacións de cantareiras das entidades organizadoras, a Asociación Mutual Navia de Suarna, do Centro Cultural del Partido de La Estrada
21 de xullo, 19:00 h - Inauguración de nova sala do MEGA e presentación de libro
- Inauguración da nova Sala de Sociedades do Museo de la Emigración Gallega en la Argentina - MEGA (Chacabuco, 955), que pretende honrar ás diferentes sociedades que conformaron historicamente a Federación e axudaron a construír Galicia desde a diáspora
- Presentación do libro Crónicas y recetas, do xornalista e cociñeiro galego Manuel Corral Vide, publicado pola Editorial Alborada
29 de xullo, 18:30 h - Gala do Mes de Galicia
- No teatro Bambalinas da Federación (Chacabuco, 955)
- Coas actuacións das agrupacións da A.B.C. do Partido de Corcubion, Sociedad Parroquial de Vedra, Tui-Salceda, Asociacion Navia de Suarna, e a banda de gaitas e percusión 'Dúas Beiras' e o conxunto de danza galega 'Estróupele' da Federación, e a queimada de Ramón Suárez 'O Muxo'
Programa completo: picar aquí para descargar
Máis info: na web www.fsgallegas.org.ar, facebook, Twitter e Instagram

Evento:
Día de Galicia
Organiza:
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Data:
08.07.2017
29.07.2017
Lugar:
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Chacabuco, 955 - (San Telmo)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1069Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





