IX Certame de relatos curtos "María Teresa Rodríguez" do Lar Galego de Sevilla
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o Lar Galego de Sevilla organiza o IX Certame de relatos curtos "María Teresa Rodríguez".
Bases:
- Participantes: poderán participar neste certame todas as persoas maiores de 18 anos que o desexen, sempre que os seus traballos sexan orixinais e inéditos, escritos en lingua galega ou castelá e non presentados co mesmo ou outro título a ningún outro certame pendente de resolución
- Obras: os traballos, de tema libre, escritos en lingua galega ou castelá, non poderán ter unha extensión inferior a 3 folios nin superior a 8, en tipografía Arial ou similar, corpo 12 e a dobre espazo. Os orixinais, baixo lema ou pseudónimo, só se aceptarán por correo electrónico. Enviaranse dous arquivos á dirección certamenrelatoscortos@largallegosevilla.com coa mención no asunto "IX Certame de Relato Curto 'María Teresa Rodríguez'", un coa obra que se deberá titular como a mesma e outro coa plica que se chamará "plica [título da obra]" na que deberán figurar exclusivamente os seguintes datos: nome e apelidos, nacionalidade, dirección, teléfono e conta de correo electrónico, así como unha declaración xurada asegurando que o relato non está pendente de premio en ningún outro certame e o carácter inédito do mesmo
- Só se poderá presentar un relato por participante
- Serán automaticamente eliminados aqueles relatos que sexan irreverentes, fagan apología de actos delituosos, sexan soeces ou que gramatical ou ortograficamente sexan manifestamente incorrectos
- O/a escritor/a polo feito de presentar o relato a concurso, afirma que a obra é orixinal e da súa propiedade, e en consecuencia faise responsable respecto da súa propiedade intelectual e patrimonial por calquera acción por reivindicación, evicción, saneamento ou calquera outra reclamación que respecto diso puidesen sobrevir
- Prazo de admisión: o prazo de admisión de orixinais finalizará ás 24 horas do día 18 de marzo de 2017
- Xurado: o xurado estará constituído por membros de recoñecida solvencia literaria, ademais dun secretario/a con voz, pero sen voto
- O xurado actuará coa máxima liberdade e discreción e terá, ademais das facultades normais de discernir os/as gañadores/as e emitir o fallo outorgando os premios ou declarándoos desertos, a de interpretar as presentes bases. O xurado non manterá ningún tipo de correspondencia cos/as participantes
- O fallo do Xurado será inapelable
- Premio: concederase un premio, para o relato gañador, dotado con 1.000 euros e a publicación da obra na páxina web do Lar Galego de Sevilla www.largallegosevilla.com e na revista Anduriña. A dotación económica do premio é indivisible e farase entrega ao/á gañador/a mediante talón nominativo. O relato gañador pasará a ser propiedade do Lar Galego de Sevilla
- Fallo: o premio fallarase o día 17 de Maio de 2017, e inmediatamente comunicaráselle ao/a gañador/a de o mesmo
- Nin o xurado, nin a entidade convocante do presente certame fanse responsables das opinións vertidas polos/as autores/as
- Os traballos que non cumpran algún dos requisitos especificados nestas bases non entrarán en concurso
- A presentación de obras a este certame supón por parte dos/as autores/as a plena e íntegra aceptación das presentes bases
Máis info: www.largallegosevilla.com

Evento:
Certame literario
Organiza:
Lar Gallego de Sevilla
Data:
18.03.2017
Hora:
24,00
Lugar:
Lar Gallego de Sevilla
Padre Méndez Casariego, 27
Sevilla - 41003Sevilla España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





