Feira de Colectividades 2016, no Centro Galicia de Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
566 lecturas

O domingo 27 de novembro, na súa sede do Campo Galicia (Olivos), a Comisión de Festas e Propaganda do Centro Galicia de Bos Aires celebra a Feira de Colectividades.

  • Coa presenza dos máis variados grupos de inmigrantes que chegaron á Arxentina
  • Haberá espectáculos artísticos e os tradicionais stands gastronómicos e culturais, para exhibir unha ampla gama de tradicións que hoxe conviven e se integran no país fortalecéndose entre si
  • Actuará a Orquestra de Concertos de San Isidro, xunto a formacións musicais españolas
  • A inscrición, que non ten custo para os/as expositores, poderá realizarse os martes e xoves na sede social, Bartolomeu Mitre 2552, no horario de 19,00 a 21,00 h. ou telefonicamente
  • Máis info nos tlfs. 4952-4468/8858, o correo-e electrónico fiestas@centrogalicia-bsas.org e a web http://centrogalicia-bsas.org
Feira de Colectividades 2016, no Centro Galicia de Bos Aires
Evento: 
Feira
Organiza: 
Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo
Data: 
27.11.2016
Lugar:
Centro Galicia de Buenos Aires - Campo Galicia
Av. del Libertador Gral. San Martín, 2925 - Olivos
Partido de Vicente López, Buenos Aires
Arxentina