Sesión informativa 'Traballar en Alemaña', na Coruña

Listen to this page using ReadSpeaker
823 lecturas

O mércores 29 de setembro, no edificio da Deputación Provincial da Coruña, Europe Direct A Coruña e EURES SPEG A Coruña organizan a sesión informativa 'Traballar en Alemaña'

Imparten: técnicos do Servizo público de emprego alemán

Horario: 

  • Sesión común: desde as 10,00 ata as 13,30 h. 
  • Sesión individual: a concertar con EURES SPEG A Coruña

Lingua de traballo: 

  • Sesión común: castelán
  • Sesión individual: castelán

Sede:

  • Sesión común: Sala Juanjo Gallo (sexto andar) da  Deputación Provincial da Coruña (Avda. Porto da Coruña nº 2, 15003 - A Coruña).
  • Sesión individual: Oficina EURES SPEG A Coruña. 

Obxectivos:

  • Dar a coñecer o mercado laboral alemán
  • Analizar as cuestións vinculadas a vivir e traballar en Alemaña
  • Reforzar o coñecemento sobre as ferramentas de procura de emprego
  • Capacitar aos/ás participantes nas habilidades necesarias para a procura de emprego (CV, Carta de motivación, entrevistas)

Actividades:

  • Día 29 de setembro: unha sesión informativa común sobre o mercado laboral en Alemaña, vivir e traballar, servizos de emprego en Alemaña, CV, carta de motivación e entrevista de traballo
  • Sesións individuais: a concertar con EURES SPEG A Coruña, unha vez elixida a opción neste formulario, a través da dirección email eures-coruna.lopez@sepe.es
    (Infórmase ás/aos participantes que a asistencia á sesión informativa común é obrigatoria para as persoas interesadas en solicitar a sesión individual. Dita sesión será confirmada por correo electrónico.)

Destinatarios/as:

  • Demandantes de emprego que consideren Alemaña como destino, especialmente aqueles perfís máis requiridos en Alemaña
  • Mozos/as europeos/as residentes na Coruña interesados e con coñecementos de alemán
  • Estudantes de formación profesional que respondan os perfís profesionais requiridos en Alemaña

Perfís:

  • Aqueles que demandan desde o servizo EURES alemán, ZAV-Bundseagentur für Arbeit:
    -Profesionais técnicos: mecánicos/as, electrónicos/as, IT, etc.
    -Profesionais da saúde: enfermeiros/as, atención de maiores
    -Hostalería: chef, cociñeiros/as, atención ao cliente
    -Outros: condutores/as, farmacéuticos/as, enxeñeiros/as de camiños, soldadores/as, etc.
    -Persoas que busquen emprego activamente en Alemaña, mozos/as profesionais e público en xeral

Inscrición gratuíta: ata o 28 de setembro ás 13,00 h. A capacidade do local é limitada. A inscrición realizarase por rigorosa orde de solicitude. 

Lugar de inscrición: é requisitio indispensable enviar o formulario de inscrición á dirección de correo electrónico europedirect@dicoruna.es

Formulario de inscrición: ES / GL

Máis info (Europe Direct A Coruña):

Sesión informativa 'Traballar en Alemaña', na Coruña
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Europe Direct A Coruña
EURES SPEG A Coruña
Data: 
29.09.2016
Hora: 
10,00
Lugar:
Deputación Provincial de A Coruña - Sala Juanjo Gallo (6º andar)
Avda. do Porto da Coruña, 2
A Coruña - 15003A Coruña
España