Charla informativa sobre prestacións sociolaborais de Suíza e España, no CRC Ourense de Basilea
O domingo 13 de marzo ás 17,00 h., na sede do Centro Recreativo Cultural Ourense de Basilea, terá lugar unha charla informativa a cargo de avogados/as chegados/as dende España e posterior coloquio sobre prestacións de vellez, invalidez e demais aspectos soiolaborais de Suíza e España. A entrada é libre e de balde.
Temas que se tratarán:
- Pensión de xubilación: cobro en Suíza e España
- Solicitude de invalidez
- Kinderrenten
- Pensión de viuvez
- Pensionskassengeld
- Tributación de pensións
- Solicitar desemprego en España ao retornar de Suíza
- Canto tempo hai que ter cotizado en Suíza para poder cobrar unha pensión de xubilación?
- Convenio especial de asistencia sanitaria para pensionistas de nacionalidade suíza residentes en España

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Centro Recreativo Cultural Ourense
Data:
13.03.2016
Hora:
17,00
Lugar:
Centro Recreativo Cultural Ourense de Basel
Venedig-Strasse 37
Münchenstein - 4142Basel-Landschaft Suíza
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





