Feijóo reivindica o “papel dirixente” das e dos emigrantes galegos na transformación social, económica e cultural da Comunidade

O titular da Xunta presidiu hoxe os actos de celebración do Día de Galicia no Centro Galego de Londres.

Recorda que na emigración non soamente naceron os símbolos que nos identifican, “tamén naceu o espírito dunha Galicia gañadora capaz de transformar soños en realidades”.

Refírese ás mozas e mozos que hoxe están a desenvolver as súas profesións e o seu espírito emprendedor nunha das maiores cidades de Europa e, co obxectivo de que esa experiencia redunde en beneficio de Galicia, destaca as iniciativas postas en marcha pola Xunta dirixidas ao retorno emprendedor.

  • O presidente da Xunta asisitiu á cita anual da colectividade galega na capital británica
    O presidente da Xunta asisitiu á cita anual da colectividade galega na capital británica

Listen to this page using ReadSpeaker
Londres (Reino Unido), 21 de xuño de 2015.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou hoxe o papel das e dos emigrantes galegos na transformación social, económica e cultural da Comunidade. “Na emigración non soamente naceron os símbolos que nos identifican, tamén naceu o espírito dunha Galicia gañadora capaz de transformar soños en realidades”, aseverou.

Durante os actos de celebracións do Día de Galicia no Centro Galego de Londres na capital británica, Feijóo destacou a necesidade de lembrar sempre de onde vimos “e cal foi o punto de partida da Galicia de hoxe”, dixo, en alusión aos homes e mulleres da diáspora que souberon integrarse na sociedade anfitrioa sen renunciar á súa galeguidade.

O responsable do Goberno autonómico referiuse tamén ás mozas e mozos galegos que hoxe están a desenvolver as súas profesións e o seu espírito emprendedor nunha das maiores cidades de Europa como é Londres.

Nesta liña, e co obxectivo de que esa experiencia adquirida nunha das metrópoles máis importantes do mundo redunde en beneficio de Galicia, Feijóo destacou o traballo e compromiso do Goberno galego a través de iniciativas postas en marcha pola Secretaría Xeral de Emigración, a Consellería de Economía e a Consellería de Traballo e Benestar, dirixidas ao retorno emprendedor.

1326 lecturas