Día das Letras Galegas 2015 en Salvador de Baía

Listen to this page using ReadSpeaker
968 lecturas

O xoves 14 de maio a partir das 19,00 h., na sede da entidade galega na capital baiana, a Asociación Cultural Caballeros de Santiago de Salvador de Baía celebra o Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Xosé Fernando Filgueira Valverde, o intelectual pontevedrés a quen se dedica a presente edición desta festa da nosa cultura.

Programa:

  • 19,00 h. Documental Día das Letras Galegas 2015
  • 19,20 h. Conferencia Historia do Día das Letras Galegas. Xosé Fernando Filgueira Valverde, que pronunciará a Profa. Bárbara Ferreiro Barreiro UFBA - CELGA (Centro de Estudos da Língua e Cultura Galegas)
  • 20,00 h. Show folclórico
  • 20,30 h. Exposición biográfica Xosé Fernando Filgueira Valverde, elaborada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
  • 20,40 h. Queimada e sangría
Día das Letras Galegas 2015 en Salvador de Baía
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Asociación Cultural Caballeros de Santiago
Data: 
14.05.2015
Hora: 
19,00
Lugar:
Asociación Cultural Caballeros de Santiago
Rua da Paciência, 441 - Río Vermelho
Salvador - 41950-010Bahia
Brasil