Día das Letras Galegas 2015 en Salvador de Baía
O xoves 14 de maio a partir das 19,00 h., na sede da entidade galega na capital baiana, a Asociación Cultural Caballeros de Santiago de Salvador de Baía celebra o Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Xosé Fernando Filgueira Valverde, o intelectual pontevedrés a quen se dedica a presente edición desta festa da nosa cultura.
Programa:
- 19,00 h. Documental Día das Letras Galegas 2015
- 19,20 h. Conferencia Historia do Día das Letras Galegas. Xosé Fernando Filgueira Valverde, que pronunciará a Profa. Bárbara Ferreiro Barreiro UFBA - CELGA (Centro de Estudos da Língua e Cultura Galegas)
- 20,00 h. Show folclórico
- 20,30 h. Exposición biográfica Xosé Fernando Filgueira Valverde, elaborada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
- 20,40 h. Queimada e sangría

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Asociación Cultural Caballeros de Santiago
Data:
14.05.2015
Hora:
19,00
Lugar:
Asociación Cultural Caballeros de Santiago
Rua da Paciência, 441 - Río Vermelho
Salvador - 41950-010Bahia Brasil
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





