Ampliado o prazo de solicitude do programa Conecta con Galicia 2015

Foto de arquivo en Compostela da edición de 2014
Foto de arquivo en Compostela da edición de 2014
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución pola que se amplía ata o 13 de marzo (inclusive) o prazo de solicitude do programa “Conecta con Galicia”, actividades de Aire Libre e Campos de Traballo.

Este programa está dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas galegas que residan no exterior e, nesta edición de 2015, ofértanse un total de 196 prazas: 174 na modalidade de actividades de Aire Libre (para mozas e mozos de 14 a 20 anos) e 22 na de Campos de Traballo (de 20 a 30 anos).

1337 lecturas