Aprobación dos listados provisionais de formadores/as colaboradores/as 2014

Listen to this page using ReadSpeaker
1620 lecturas
Listados para descargar e prazo de formulación de alegacións.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación dos listados provisionais de formadores/as colaboradores/as para impartir seminarios fóra de Galicia, aprobados por resolución do secretario xeral da Emigración de data 13 de maio de 2014.

O secretario xeral da Emigración aprobou a actualización das listas provisionais de formadores/as colaboradores/as, proposta pola Comisión Avaliadora prevista no artigo 7 da Resolución do 11 de febreiro de 2013, pola que se regula o procedemento para a elaboración de listas de formadores/as colaboradores/as para impartiren seminarios fóra de Galicia e se abre o prazo para a inscrición de candidatos/as.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación dos listados provisionais (ata o 26 de maio inclusive) para presentaren as reclamacións que consideren oportunas.

Listados para descargar:

Data de publicación: 
13.05.2014
Data fin de prazo: 
26.05.2014