Conferencia de José Escudero Pérez: "Instrumentos e música tradicional galega: historia e mitos", en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
671 lecturas

O mércores 19 de febreiro ás 19,00 h., no Salón Arturo Cuadrado da Federación de Sociedades Gallegas de la Repúblilca Argentina, o etnomusicólogo e músico galego José Escudero Pérez pronunciará a conferencia Instrumentos e música tradicional galega: historia e mitos.

  • O conferenciante achegará algúns instrumentos tradicionais como a gaita, frauta traveseira do século XIX, e outros de percusión, ao tempo que interpretará en directo, a xeito de exemplo, a música correspondente ao relato que vaia xurdindo sobre o tradicional son galego, as orixes dos instrumentos, e o fenómeno denominado "celtismo", entre outros temas
  • A entrada é libre e de balde
Conferencia de José Escudero Pérez: "Instrumentos e música tradicional galega: historia e mitos", en Bos Aires
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Data: 
19.02.2014
Hora: 
19,00
Lugar:
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Chacabuco, 955 - (San Telmo)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1069
Arxentina