Conferencia de José Escudero Pérez: "Instrumentos e música tradicional galega: historia e mitos", en Bos Aires
O mércores 19 de febreiro ás 19,00 h., no Salón Arturo Cuadrado da Federación de Sociedades Gallegas de la Repúblilca Argentina, o etnomusicólogo e músico galego José Escudero Pérez pronunciará a conferencia Instrumentos e música tradicional galega: historia e mitos.
- O conferenciante achegará algúns instrumentos tradicionais como a gaita, frauta traveseira do século XIX, e outros de percusión, ao tempo que interpretará en directo, a xeito de exemplo, a música correspondente ao relato que vaia xurdindo sobre o tradicional son galego, as orixes dos instrumentos, e o fenómeno denominado "celtismo", entre outros temas
- A entrada é libre e de balde

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Data:
19.02.2014
Hora:
19,00
Lugar:
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Chacabuco, 955 - (San Telmo)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1069Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





