Presentación do proxecto Ccamina, en Murcia

Listen to this page using ReadSpeaker
852 lecturas

O xoves 13 de febreiro ás 20,00 h., na sede da Federación Regional de Empresarios del Metal de Murcia (FREMM), o Centro Gallego de Murcia organiza a presentación do proxecto de coaching "Ccamina" que dirixe a emprendedora galega Mariela Villar. Este sistema baséase, a través da experiencia que supón a realización dun tramo do Camiño de Santiago, na realización de actividades de coaching con diversos obxectivos, entre eles potenciar as capacidades e actitudes de liderado tanto a nivel persoal coma para directivos/as e executivos/as de empresa.

  • O evento estará presentado por José Luis Gonzalez, presidente do Centro Gallego de Murcia
  • Ao remate servirase un viño para as e os asistentes
  • Confirmar asistencia no enderezo de correo-e presidencia@centrogallegoregiondemurcia.com
Presentación do proxecto Ccamina, en Murcia
Evento: 
Presentación
Organiza: 
Centro Gallego de Murcia
Data: 
13.02.2014
Hora: 
20,00
Lugar:
Federación Regional de Empresarios del Metal de Murcia (FREMM)
Calle del Metal, 4
Murcia - 30009Murcia
España