Presentación do proxecto Ccamina, en Murcia
O xoves 13 de febreiro ás 20,00 h., na sede da Federación Regional de Empresarios del Metal de Murcia (FREMM), o Centro Gallego de Murcia organiza a presentación do proxecto de coaching "Ccamina" que dirixe a emprendedora galega Mariela Villar. Este sistema baséase, a través da experiencia que supón a realización dun tramo do Camiño de Santiago, na realización de actividades de coaching con diversos obxectivos, entre eles potenciar as capacidades e actitudes de liderado tanto a nivel persoal coma para directivos/as e executivos/as de empresa.
- O evento estará presentado por José Luis Gonzalez, presidente do Centro Gallego de Murcia
- Ao remate servirase un viño para as e os asistentes
- Confirmar asistencia no enderezo de correo-e presidencia@centrogallegoregiondemurcia.com

Evento:
Presentación
Organiza:
Centro Gallego de Murcia
Data:
13.02.2014
Hora:
20,00
Lugar:
Federación Regional de Empresarios del Metal de Murcia (FREMM)
Calle del Metal, 4
Murcia - 30009Murcia España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





