Campus de baloncesto do Centro Galicia de Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
898 lecturas

O sábado 22 e o domingo 23 de febreiro, na súa sede do Campo Galicia (Olivos) a Comisión de Deportes do Centro Galicia de Bos Aires organiza o seu Iº Campus de Baloncesto.

  • Dirixido a rapaces e rapazas de 7 a 19 anos
  • Horario (dúas quendas):
    -Mañás: de 9,30 a 12,00 h.
    -Tardes: de 15,00 a 19,00 h.
  • Custo e inscricións*:
    -Xogadores/as do Centro Galicia: 200 $
    -Xogadores/as non socios/as: 250 $
    -Grupos de 10 xogadores do mesmo club (excepto Centro Galicia): 10% de desconto
    -Inscricións e pagamento antes do 31 de xaneiro: 10% de desconto
    -Lugar da inscrición: Oficina de atención ao público (entrada rúa Borges) do Campo Galicia
    *A inscrición inclúe a camiseta do Campus, pero non gastos de aloxamento e comida
  • Actividades:
    -Traballos sobre fundamentos en tiro, pases, dribling, técnica individual, xogo interior, rebote, 1 vs 1, 2 vs 2, 3 vs 3, 4 vs 4, 5 vs 5.
    -Mostrarase o ritmo dun adestramento de selección
    -Exercicios de coordinación, movementos de pés, principios de xogo colectivo, educación do movemento e situacións de pick and roll
    -Competicións de 3 vs 3, 5 vs 5, torneo de triplos
    -Charlas de prevención e coidado de lesións
    -Charlas con convidados/as especiais
  • Disertantes
    -Cristian Santander, adestrador da Selección Maior de Baloncesto Feminino
    -Hernán Amaya, adestrador da Seleccións Inferiores de Baloncesto Feminino
    -Donald Chester Jones, ex-xogador da NBA e múltiple campeón da Liga Nacional con Atenas de Córdoba.
    -Edgar Merchant, ex-xogador da NBA e xogador récord da Liga Nacional
    -Carolina Sánchez, xogadora da Selección Nacional de Baloncesto
    -Federico Johnston, kinesiólogo da Selección Nacional de Baloncesto
  • Invitados/as
    -Juan Pablo Boadaz adestrador de baloncesto masculino en I.C.D. Pedro Echagüe
    -Belén Villafañe, adestradora de baloncesto feminino en C.A. Peñarol de Mar del Plata
    -Raul Rimoli, Director Rexional da Escuela Nacional de Entrenadores e adestrador de baloncesto masculino en Club Banco Provincia
    -Mariano Junco, adestrador de baloncesto feminino en Club Atlético Lanús
  • Máis info: www.centrogalicia-bsas.org
Campus de baloncesto do Centro Galicia de Bos Aires
Evento: 
Curso
Organiza: 
Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo
Data: 
22.02.2014 a 23.02.2014
Hora: 
9,30
Lugar:
Campo Galicia - Centro Galicia de Buenos Aires
Av. del Libertador Gral. San Martín, 2925 - Olivos
Partido de Vicente López, Buenos Aires
Arxentina