Campus de baloncesto do Centro Galicia de Bos Aires
O sábado 22 e o domingo 23 de febreiro, na súa sede do Campo Galicia (Olivos) a Comisión de Deportes do Centro Galicia de Bos Aires organiza o seu Iº Campus de Baloncesto.
- Dirixido a rapaces e rapazas de 7 a 19 anos
- Horario (dúas quendas):
-Mañás: de 9,30 a 12,00 h.
-Tardes: de 15,00 a 19,00 h. - Custo e inscricións*:
-Xogadores/as do Centro Galicia: 200 $
-Xogadores/as non socios/as: 250 $
-Grupos de 10 xogadores do mesmo club (excepto Centro Galicia): 10% de desconto
-Inscricións e pagamento antes do 31 de xaneiro: 10% de desconto
-Lugar da inscrición: Oficina de atención ao público (entrada rúa Borges) do Campo Galicia
*A inscrición inclúe a camiseta do Campus, pero non gastos de aloxamento e comida - Actividades:
-Traballos sobre fundamentos en tiro, pases, dribling, técnica individual, xogo interior, rebote, 1 vs 1, 2 vs 2, 3 vs 3, 4 vs 4, 5 vs 5.
-Mostrarase o ritmo dun adestramento de selección
-Exercicios de coordinación, movementos de pés, principios de xogo colectivo, educación do movemento e situacións de pick and roll
-Competicións de 3 vs 3, 5 vs 5, torneo de triplos
-Charlas de prevención e coidado de lesións
-Charlas con convidados/as especiais - Disertantes
-Cristian Santander, adestrador da Selección Maior de Baloncesto Feminino
-Hernán Amaya, adestrador da Seleccións Inferiores de Baloncesto Feminino
-Donald Chester Jones, ex-xogador da NBA e múltiple campeón da Liga Nacional con Atenas de Córdoba.
-Edgar Merchant, ex-xogador da NBA e xogador récord da Liga Nacional
-Carolina Sánchez, xogadora da Selección Nacional de Baloncesto
-Federico Johnston, kinesiólogo da Selección Nacional de Baloncesto - Invitados/as
-Juan Pablo Boadaz adestrador de baloncesto masculino en I.C.D. Pedro Echagüe
-Belén Villafañe, adestradora de baloncesto feminino en C.A. Peñarol de Mar del Plata
-Raul Rimoli, Director Rexional da Escuela Nacional de Entrenadores e adestrador de baloncesto masculino en Club Banco Provincia
-Mariano Junco, adestrador de baloncesto feminino en Club Atlético Lanús - Máis info: www.centrogalicia-bsas.org

Evento:
Curso
Organiza:
Centro Galicia de Buenos Aires, Cultura, Social y Deportivo
Data:
22.02.2014 a 23.02.2014
Hora:
9,30
Lugar:
Campo Galicia - Centro Galicia de Buenos Aires
Av. del Libertador Gral. San Martín, 2925 - Olivos
Partido de Vicente López, Buenos Aires Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





