Listaxe provisional de admitidos/as, excluídos/as e requirimentos de emenda do programa de bolsas para a prórroga da realización de estudos universitarios oficiais en Galicia no curso 2013-2014

Listen to this page using ReadSpeaker
1321 lecturas
Listaxe de admitidos/as, excluídos/as e prazo para emendar a documentación.
Estado: 
Procedemento pechado

Resolución do 16 de setembro de 2013 da Secretaría Xeral da Emigración (DOG nº 184, do 26 de setembro de 2013).

Bases reguladoras para a concesión de bolsas destinadas a realización de estudos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.

RELACIÓN DE INTERESADOS/AS QUE DEBERÁN ENMENDAR A SOLICITUDE (A solicitude de iniciación non reúne os requisitos esixidos na convocatoria ou a documentación presentada está incompleta):

De conformidade co artigo 71.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro de 1992), modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro de 1999), os/as interesados/as deberán remitir á Secretaría Xeral da Emigración a documentación sinalada ou corrixir a falta na que incorren no prazo de 10 días  hábiles contados a partires do día seguinte ao da publicación desta relación.

Se por causas non imputables á/ao interesado/a non se puidese presentar no prazo sinalado algunha documentación ou xustificantes de carácter académico, deberá remitirse unha declaración responsable do/a solicitante conforme non a pode presentar. Posteriormente, antes da proposta de resolución requirirase a documentación que acredite a realidade dos datos contidos na citada declaración.

De non atender este requirimento no prazo indicado entenderase que desisten da súa solicitude polo que se procederá ao seu arquivo previa resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada lei.

Data de publicación: 
29.11.2013
Data fin de prazo: 
11.11.2013