Catálogo ampliado e revisado da Exposición "Luces de Alén Mar"

A mostra, organizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, está exposta no MUPEGA de Santiago de Compostela ata o 28 de xuño.

  • Imaxe de arquivo da inauguración da exposición no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA).
    Imaxe de arquivo da inauguración da exposición no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA).
  • Imaxe de arquivo da inauguración da exposición no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA).
    Imaxe de arquivo da inauguración da exposición no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA).
  • A mostra estará exposta ata o 28 de xuño no MUPEGA de Santiago de Compostela.
    A mostra estará exposta ata o 28 de xuño no MUPEGA de Santiago de Compostela.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2013.

Xa se pode consultar o catálogo desta mostra que dá conta da pegada das e dos emigrantes galegos no eido educativo en Galicia, dispoñendo dunha selección bibliográfica e de textos ilustrativos reproducidos de diversas fontes.

O Consello da da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, leva a cabo iniciativas de investigación e recuperación sobre a emigración galega en América. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polas e polos emigrantes nas catro provincias galegas e, tamén, a exposición presentada.

Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia consta de 41 paneis temáticos e abondosos materiais orixinais –como traballos de alumnos e alumnas, estatutos, regulamentos, libros de actas ou planos das escolas–, que permiten reconstruír e interpretar o enorme labor educativo e cultural realizado a prol do desenvolvemento social e do progreso de Galicia desde a outra beira do Atlántico.

Luces de alén mar conmemora, dunha banda, a efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América, e doutra, as súas realizacións académicas e vizosas realidades nas localidades de procedencia das e dos emigrantes. Trátase, polo tanto, dunha mostra itinerante que expón e explica o compromiso das sociedades de emigrantes galegos e galegas coa instrución na súa terra de orixe. Neste sentido cómpre lembrar que varios centos de escolas foron construídas nas décadas finais do século XIX e no primeiro terzo do século XX grazas á multitude de iniciativas de intervención escolar mancomunada que xermolaron neste período.

 

 

Fonte: Arquivo da Emigración Galega - Consello da Cultura Galega

1285 lecturas