Mostra "Juan Ramón Jiménez. Aquel chopo de luz", no Centro Gallego de Río Gallegos

Listen to this page using ReadSpeaker
868 lecturas

Do venres 12 ao sábado 20 de abril, en horario de 17,00 a 20,00 h., estará exposta na sede do Centro Gallego de Río Gallegos a mostra Juan Ramón Jiménez. Aquel chopo de luz, que recolle fotografías, manuscritos e un espazo para o cine debate en torno á figura do xenial poeta onubense.

Na inauguración da exposición, que se celebrará ás 19,00 h. do venres 12 de abril, contarase coas actuacións da Orquesta del barrio, do Coro Municipal da cidade e dos bailes a cargo da Casa España con flamenco e as danzas tradicionais galegas a cargo do Grupo Fisterra da entidade galega na capital da provincia de Santa Cruz.

Mostra "Juan Ramón Jiménez. Aquel chopo de luz", no Centro Gallego de Río Galleg
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Asociación Centro Gallego de Río Gallegos - Mutualidad
Data: 
12.04.2013
Hora: 
19,00
Lugar:
Centro Gallego de Río de Gallegos
9 de Julio, 52
Río Gallegos - 9400Santa Cruz
Arxentina