Listados definitivos de admitidos/as e excluídos/as ao programa Escolas Abertas presenciais 2012
Publicación dos listados definitivos de admitidos/as e excluídos/as ao programa Escolas Abertas 2012, destinado ás Comunidades Galegas no exterior, resolto mediante Resolución do Secretario Xeral da Emigración de data 10 de maio de 2012.
| MODALIDADE | ADMITIDOS/AS | EXCLUÍDOS/AS |
|---|---|---|
| Gaita Tradicional Galega | Descargar | Descargar |
| Baile Tradicional Galego | Descargar | Descargar |
| Percusión Tradicional Galega | Descargar | Descargar |
| Canto Popular e Pandeireta | Descargar | Descargar |
Contra a Resolución do 10 de maio de 2012, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o Secretario Xeral da Emigración no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte da súa publicación nesta páxina web, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Así mesmo, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.



