Escolas Abertas presenciais 2012

Listen to this page using ReadSpeaker
3248 lecturas
Información e formularios de inscrición dos obradoiros de especialización de carácter presencial que se desenvolverán durante o vindeiro mes de xullo na cidade de Lugo.
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establece e se regula o programa de Escolas abertas presenciais 2012 destinadas ás comunidades galegas no exterior.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigracion
Data de publicación: 
12.01.2012
Estado: 
Procedemento pechado

Modalidades:
Os distintos programas que se desenvolverán dentro das Escolas Abertas 2012 realizaranse na cidade de Lugo e consistirán en obradoiros de especialización:

  • 1. Especialización:

1.1. Gaita tradicional galega.
1.2. Baile tradicional galego.
1.3. Percusión tradicional galega.
1.4. Canto popular e pandeireta.

Destinatarios/as:

  • Persoas Xurídicas (Entidades galegas)
    -Entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociacións sen fins de lucro legalmente constituídas radicadas fóra de Galicia, inscritas no Directorio de centros galegos no mundo da Secretaría Xeral da Emigración.
    -As persoas propostas deben ser maiores de 18 anos e responsables de impartir a docencia na modalidade solicitada dentro da entidade solicitante.
  • Persoas Físicas (particulares)
    -Reservaranse un total de 4 prazas para a participación a nivel individual daqueles cidadáns galegos e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade, maiores de 18 anos, residentes fóra de Galicia, que acrediten ser responsables de impartir docencia na modalidade que soliciten, así como un nivel suficiente de coñecemento para participar neles, segundo os criterios de valoración establecidos na resolución.

Documentación requirida:

  • 1. Persoas xurídicas (Entidades Galegas).

a) Solicitude, segundo o modelo normalizado (Anexo III), na que deberán indicarse os obradoiros nos que se quere participar.
b) Fotocopia do CIF ou equivalente. Así mesmo, deberá presentar fotocopia do documento que acredite a identidade e datos persoais dos candidatos propostos.
c) Breve currículo de cada aspirante con especial referencia aos coñecementos, títulos, experiencia, etc. na materia obxecto do obradoiro.
d) No caso do obradoiro de gaita tradicional galega deberase enviar, unha gravación en vídeo dixital (cd, vcd, dvd, ...) que non exceda os 4 minutos. O tema estará gravado só con gaita, sen ningún outro instrumento acompañando a gaita solista.
e) No caso do obradoiro de percusión tradicional galega deberase enviar unha gravación en vídeo dixital (cd, vcd, dvd, ...) que non exceda os 4 minutos. O tema estará gravado cun instrumento de percusión galega, sen ningún outro instrumento acompañando o instrumento de percusión solista.
f) No caso do obradoiro de canto popular e pandeireta deberase enviar, unha gravación en vídeo dixital (cd, vcd, dvd, ...), cunha duración que non exceda os 4 minutos. A gravación remitida deberá ser solista.
g) No caso do obradoiro de baile tradicional galego deberase enviar, unha gravación en vídeo dixital (cd, vcd, dvd, ...), cunha duración que non exceda os 4 minutos, na que o alumno interprete varios bailes de ritmos ou estilos diferentes (muiñeira, xota, meneo, danza, etc.).
h) Unha fotografía tamaño carné de cada aspirante.
i) Unha declaración do aspirante comprometéndose a investir os coñecementos adquiridos no seo da entidade.
j) Certificación da entidade que acredite que as persoas propostas son as responsables de impartir docencia na entidade solicitante.
k) Certificación da entidade que acredite que a entidade ten grupo de baile ou música debidamente constituído.
l) Declaración de axudas obtidas para a mesma actividade doutras administracións ou entes públicos ou privados (Anexo V). A obtención desta axuda é compatible con outras para o mesmo fin, sen que, en ningún caso, a suma das axudas obtidas supere o 100% do custo da actividade.
m) Declaración de non incorrer en prohibición para obter a condición de beneficiario (Anexo VI).
n) A presentación da solicitude de concesión desta axuda polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 20.3.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acreditándose este extremo antes da proposta de resolución. No caso de que os solicitantes non teñan a súa residencia fiscal en territorio español deberán presentar certificado de residencia fiscal emitido polos organismos competentes ou documentación acreditativa que xustifique a súa residencia fiscal fóra de España, así como declaración de que o solicitante se atopa ao corrente nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas, e de Seguridade Social, así como que non ten débedas pendentes coa Comunidade Autónoma de Galicia.

  • 2. Persoas físicas (particulares).

a) Solicitude segundo o modelo normalizado (Anexo IV), na que deberán indicarse os obradoiros nos que se quere participar.
b) Fotocopia do documento nacional de identidade ou equivalente. Aqueles solicitantes con DNI español quedarán exentos de achegar a fotocopia no caso de que autoricen a Secretaría Xeral da Emigración a consultar os seus datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de Administracións Públicas, tal como se recolle no anexo IV.
c) Breve currículo artístico de cada aspirante: nivel de estudos musicais realizados, actuacións, número de alumnos aos que imparte clases, gravacións.
d) No caso do obradoiro de gaita tradicional galega deberase enviar unha gravación en vídeo dixital (cd, vcd, dvd, ...) que non exceda os 4 minutos. O tema estará gravado só con gaita, sen ningún outro instrumento acompañando a gaita solista.
e) No caso do obradoiro de percusión tradicional galega deberase enviar unha gravación en vídeo dixital (cd, vcd, dvd, ...) que non exceda os 4 minutos. O tema estará gravado cun instrumento de percusión galega, sen ningún outro instrumento acompañando ao instrumento de percusión solista.
f) No caso do obradoiro de canto popular e pandeireta deberase enviar unha gravación en vídeo dixital (cd, vcd, dvd, ...), cunha duración que non exceda os 4 minutos. A gravación remitida deberá ser solista.
g) No caso do obradoiro de baile tradicional galego deberase enviar, unha gravación en vídeo dixital (cd, vcd, dvd, ...), cunha duración que non exceda os 4 minutos, na que o alumno interprete varios bailes de ritmos ou estilos diferentes (muiñeira, xota, meneo, danza, etc.).
h) Unha fotografía tamaño carné.
i) Documentación acreditativa de que a persoa solicitante imparte docencia na modalidade de obradoiro solicitado.
j) Declaración de axudas obtidas para a mesma actividade doutras administracións ou entes públicos ou privados (Anexo V). A obtención desta axuda é compatible con outras para o mesmo fin, sen que en ningún caso a suma das axudas obtidas supere o 100% do custo da actividade.
k) Declaración de non incorrer en prohibición para obter a condición de beneficiario (Anexo VI).
l) A presentación da solicitude de concesión desta axuda polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 20.3.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acreditándose este extremo antes da proposta de resolución. No caso de que os solicitantes non teñan a súa residencia fiscal en territorio español deberán presentar certificado de residencia fiscal emitido polos organismos competentes ou documentación acreditativa que xustifique a súa residencia fiscal fóra de España, así como declaración de que o solicitante se atopa ao corrente nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas, e de Seguridade Social, así como que non ten débedas pendentes coa Comunidade Autónoma.
m) Documentación xustificativa que acredite a súa condición de galego ou descendente de galego ata o segundo grao de consanguinidade.
n) Documentación que acredite a súa residencia fóra de Galicia. Aqueles solicitantes con residencia en España quedarán exentos de achegar a documentación acreditativa da súa residencia fóra de Galicia no caso de que autoricen a Secretaría Xeral da Emigración a consultar os seus datos de residencia no Sistema de Verificación de Datos de Residencia do Ministerio de Administracións Públicas, tal como se recolle no anexo IV.

Documentación para descargar:

  • Formulario de solicitude para as Persoas xurídicas-Entidades Galegas (Anexo III)*
  • Formulario de solicitude para as Persoas físicas-particulares (Anexo IV)*
  • Declaración de axudas obtidas (Anexo V)*
  • Declaración de non incorrer en prohibicións (Anexo VI)*
  • Texto íntegro da convocatoria no D.O.G.

*Nota: Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Non se pode gardar o documento xa que se perderán todos os cambios realizados.

Información:
Secretaría Xeral da Emigración
Subdirección Xeral de Centros e Comunidades Galegas
Servizo de Tramitación de Axudas aos Centros e Comunidades Galegas
Basquiños, 2 – 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
Enderezo electrónico: entidadesgalegas@xunta.es
Tlfno:(+34 ) 981 547 239  //  981 957 162  //  981 957353
Fax: (+ 34) 981 957 399

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
13.02.2012