Os mozos da Galicia exterior formulan o facilitamento da homologación de títulos

  • No Congreso Europeo da Xuventude Galega non Exterior, os fillos de emigrantes revindicaron a creación de ferramentas que axuden nestes trámites.

Un dos obxectivos do Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior é identificar e buscar respostas ás demandas das novas xeracións. Neste encontro, celebrado do 5 ao 7 de novembro en Nürnberg, os participantes mostraron preocupación polo seu futuro profesional e levaron a debate temas relacionados coa Educación.

Os mozos participaron en diversos grupos de traballos repartidos por temáticas. No que tratou do retorno como opción de futuro, os mozos formularon a creación de ferramentas que faciliten o recoñecemento en España dos títulos obtidos polos galegos fóra do país e de títulos españois noutros países.

Os asistentes tamén debateron sobre o Plan Bolonia. O tema principal foi a equiparación de licenciaturas, que en opinión dos mozos é inxusta e aumenta as incertezas con relación a este plan, que establece a creación do Espazo Europeo de Educación Superior.

1127 lecturas