Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
18Setembro2026Miranda aposta pola colaboración coa Embaixada de España no Uruguai para responder mellor ás necesidades da colectividade galega no país audio O secretario xeral da Emigración reuniuse co ministro conselleiro da Embaixada, Carlos Domínguez, e co Cónsul Xeral de España no Uruguai, Juan Carlos Gafo. O 60% do total dos cidadáns españois no país son galegos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola delegada da Xunta en Montevideo, Elvira Domínguez, reuniuse esta mañá na Embaixada de España co Cónsul Xeral de España no Uruguai, Juan Carlos Gafo, e co... Máis información
-
16Setembro2026Miranda aborda co presidente da Feceve a situación da comunidade galega en Venezuela antes da súa viaxe ao país audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse esta mañá co presidente da Federación de Centros Españoles en Venezuela (FECEVE), Roberto González, na que analizaron a situación actual da colectividade española e galega no país, así como as necesidades máis urxentes no ámbito social, xusto antes da viaxe do secretario xeral a Venezuela. Durante o encontro, Miranda reiterou a total colaboración da Xunta de Galicia cos... Máis información
-
15Setembro2026O delegado da Xunta na Arxentina anima no Brasil a peregrinar a Galicia no próximo ano xacobeo audio Alejandro López Dobarro participou na XII edición do Encontro Nacional de Peregrinos no Brasil. Pon en valor a cultura xacobea como punto de unión entre persoas de todas partes do mundo. O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou na XII edición do ENAP, o Encontro Nacional de Peregrinos, que se celebrou en São Miguel das Missões, unha localidade de Rio Grande do Sul, no Brasil, entre os días 4 e 7 de setembro. Nela,... Máis información
-
14Setembro2026A colectividade galega no Uruguai festexa a Feria de Turismo 360 de Montevideo audio A primeira fin de semana de setembro, institucións galegas no Uruguai celebraron a Feria Internacional de Destinos Inteligentes, ou Feria de Turismo 360. Trátase dun encontro que reúne danza, gastronomía, canto e música de distintas rexións do mundo, e que tamén contou con representación da cultura e tradicións da nosa terra. A colectividade galega do país estivo acompañada nesta feira internacional pola delegada da Xunta no Uruguai, Elvira... Máis información
-
13Setembro2026A Xunta aposta pola colaboración para impulsar os lazos culturais e socioeconómicos entre Galicia e Asturias e as oportunidades que brinda esta unión audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración participou no acto de imposición de insignias de ouro e carnés de socios de honra da asociación Día de Galicia en Asturias González destaca o labor da asociación Día de Galicia en Asturias, que conmemora 31 anos de traxectoria a prol da difusión da idiosincrasia galega no Principado Refírese ao Camiño de Santiago como outro nexo de unión entre ambos territorios que fai que Oviedo e Santiago formen... Máis información
-
12Setembro2026Miranda enxalza a figura de Xosé Filgueira Fernández polo seu compromiso coa colectividade galega no mundo audio O secretario xeral da Emigración participou na homenaxe ao presidente do Centro Gallego de Castelló Agradece o presidente o seu labor na difusión da identidade galega tras 23 anos á fronte da entidade Apunta a importancia da colaboración entre administracións e entidades para atender as persoas residentes fóra da nosa terra O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, enxalzou a figura de Xosé Filgueira Fernández polo seu... Máis información
-
12Setembro2026Miranda visita o Centro Galego de Valencia audio O secretario xeral de Emigración acudiu á sede social da entidade en Massanassa O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Centro Galego de Valencia, entidade fundada o 21 de febreiro de 1966 para agrupar os galegos e simpatizantes residentes en Valencia e na súa área de influencia, e fomentar entre eles os lazos de amizade, a cultura e o auxilio mutuo. Tras un período de inactividade a comezos de século, foi a... Máis información
-
12Setembro2026A Xunta participa na XVI Xuntanza da Federación de Centros Galegos de Andalucía, Estremsadura e Ceuta e destaca a vitalidade e unión da comunidade galega audio A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou no encontro anual dos centros, que este ano se celebrou no Lar Galego de Sevilla Sinala o papel destas entidades como espazos de encontro e apoio que contribúen a preservar a identidade, a cultura e os vínculos coa terra de orixe Traslada o seu agarimo á cidadanía de Ceuta e, en especial, ás preto de 350 galegas e galegos residentes na cidade autónoma A... Máis información
-
11Setembro2026Miranda recibe a integrantes do Centro Galego Mar del Plata audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu en Santiago a máis de 20 integrantes do Centro Galego Mar del Plata, chegados á cidade tras facer o Camiño de Santiago. Unha experiencia que une raíces, convivencia e vínculo con Galicia. Máis información
-
11Setembro2026A Xunta impulsa coas feiras do Brasil o interese no Retorna Cualifica Emprego no que xa se ofertan máis de 750 vacantes á comunidade galega do exterior audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse esta semana con membros da Asociación Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago, de Salvador de Bahía. José González destaca que a estas citas celebradas o pasado mes de xuño en São Paulo e Salvador de Bahía asistiron en total preto de 2.400 persoas que puideron coñecer as oportunidades de retorno a Galicia. Esta acción está vinculada ao Retorna Cualifica Emprego, incluído na... Máis información
Páxinas |









