#ACulturaSegue

Ay, Santiago! Mercedes Hernández
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Gravación dun concerto da soprano Mercedes Hernández, fundadora do grupo de música antiga Resonet, acompañada polo músico Fernando Reyes (cítola e laúde medieval). O repertorio constitúe unha pequena viaxe polas composicións da peregrinación a Compostela na Idade Media, que atoparon nos camiños de Santiago a liña de unión de músicas vangardistas, ancestrais, virtuosas, humildes e ricas de distintas procedencias e en distintas linguas. Son temas que poñen de relevo as experiencias, sentimentos, anécdotas, lendas... dos peregrinos e peregrinas medievais, que non difiren das dos nosos días, e mostran o papel do Camiño como espazo de transmisión cultural e canle de difusión e de renovación musical.