Axenda
Buscador
-
10.11.2012O sábado 10 de novembro de 17,00 a 20,00 h., no Verbum-Casa das Palabras de Samil, a Casa de Argentina en Vigo organiza a Mateada Cultural 2012. Haberá actuacións artísticas, sorteos e regalos, e poderase compartir con amigos e amigas doutras nacionalidades a amizade e... Máis información
-
10.11.2012O sábado 10 de novembro a partir das 23,30 h., no Museo Casa de Yrurtia, o grupo de folk galego Os Papabestas do Val Miñor, dentro do marco de La Noche de los Museos, ofrecerán un concerto onde presentarán os temas do seu próximo cd. A entrada é libre e de balde. Máis información
-
10.11.2012O sábado 10 de novembro ás 17,00 h. na sede da entidade, o Centro Galego de Nürnberg e.V. festexará o Magosto 2012, con castañas de balde para todas as persoas que se acheguen ata o centro, música e baile. Para as e os socios máis cativos (de 1 a 4 anos) haberá, dende as 15... Máis información
-
10.11.2012O sábado 10 de novembro a partir das 20,00 h. na sede social "O Faiado" do complexo do antigo cuartel Tetuán XIV, o Centro Galego de Castellón "O Aturuxo" celebra o Magosto e o Samaín con castañas asadas, viño novo, música e troula asegurada ao quencer do lume. A entrada é... Máis información
-
10.11.2012O sábado 10 de novembro ás 21,00 h., na sede da entidade, a Casa Argentina de A Coruña festexará o Día da Tradición Arxentina. Haberá empanadas criollas e doces típicos a prezos moi populares, e os alumnos e alumnas de folclore amosarán as súas habilidades namentres se vaia... Máis información
-
10.11.2012O sábado 10 de novembro ás 16,00 h., na sede da entidade en Maripérez, o Comité de Damas da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas organiza o Gran Bingo “A Hermandad Gallega na loita contra o Cancro". Todas aquelas persoas que queiran colaborar nesta causa poden levar os... Máis información
-
10.11.2012O sábado 10 de novembro, na Spoerry - Mehrzweckhalle de Vaduz, o Centro Español Apostol Santiago do Principado de Liechtenstein organizan a súa Festa Anual. Ás 18,00 h. comezará a cea para os socios e socias do Centro Apótol Santiago de Schaan, e a partir das 20,00 h.... Máis información
-
09.11.2012 a 10.11.2012O sábado 10 e o domingo 11 de novembro, na Salle de Grand Vennes, Promoción da Cultura Galega de Lausanne celebra o seu XXV Aniversario. Programa: Sábado 10 -20,00 h. Cea -Grupo Chicas Show -Actuación de Lucía Pérez Domingo 11 -12,00 h. Aperitivo -13,00 h.... Máis información
-
09.11.2012 a 11.11.2012Do venres 9 ao domingo 11 de novembro represéntase, no Teatro Rosalía de Castro da entidade, Hoy no me puedo levantar, o primeiro musical cantado totalmente en vivo na Hermandad Gallega. O espectáculo contén os éxitos do grupo Mecano, e conta coa dirección musical de Delia... Máis información
-
09.11.2012 a 11.11.2012Do venres 9 ao domingo 11 de novembro, a Escola de Música Tradicional A Píntega Marela organiza, na sede da entidade en Madrid, un obradoiro de construción de palletas, dirixido a todas as persoas interesadas na construción de palletas, a luthería, e a todas e todos os... Máis información
Páxinas |









