Mateada Cultural 2012 en Vigo

Listen to this page using ReadSpeaker
849 lecturas

O sábado 10 de novembro de 17,00 a 20,00 h., no Verbum-Casa das Palabras de Samil, a Casa de Argentina en Vigo organiza a Mateada Cultural 2012. Haberá actuacións artísticas, sorteos e regalos, e poderase compartir con amigos e amigas doutras nacionalidades a amizade e camaradaría que rodea a tradición do Mate.

Os interesados e interesadas en asistir poderán apuntarse persoalmente, por teléfono ou por correo electrónico en:

  • Nostalgias: Príncipe 22, Galería Príncipe, Local 17 - 886 13 89 54 - nostalgiasvigo@nostalgias.es
  • Perfumaría Chevere: Pi i Margal 143 - 886 31 93 10

A entrada é libre e de balde, polo que se recomenda confirmar a asistencia (prazo ata o 31 de outubro), puntualidade e levar equipo de mate por grupo familiar.

Mateada Cultural 2012 en Vigo
Evento: 
Festa
Organiza: 
Casa de Argentina en Vigo
Data: 
10.11.2012
Hora: 
17,00
Lugar:
Verbum - Casa das Palabras
Avda. de Samil, 17
Vigo - 36212Pontevedra
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: