Obradoiro de construción de palletas en Madrid
Do venres 9 ao domingo 11 de novembro, a Escola de Música Tradicional A Píntega Marela organiza, na sede da entidade en Madrid, un obradoiro de construción de palletas, dirixido a todas as persoas interesadas na construción de palletas, a luthería, e a todas e todos os gaiteiros en xeral que desexen coñecer como funciona o elemento que produce o son na gaita e queiran ser autosuficientes.
O curso será eminentemente práctico e non fai falta ter coñecementos previos. Para a súa realización contarase coa presenza de Antón Corral, o recoñecido mestre de mestres que creou unha importante escola de gaiteiros e gaiteiras e artesáns, principalmente na Universidade Popular de Vigo, quen se desprazará dende Tui para impartir o curso.
Ao final do curso entregarase un diploma acreditativo. Facilitaranse os materiais necesarios para a realización das palletas así como material didáctico.
Últimas prazas segundo a orde de preinscrición.
Para máis información sobre a inscrición e horarios visitar www.juanluna.es, www.apintegamarela.org ou juanluna.wordpress.com.






