-
O venres 31 de xaneiro ás 19:30 h, na sede do Parque Social e Polideportivo de Carrasco da decana das entidades galegas no exterior, o Centro Galego de Montevideo organiza un encontro da colectividade galega no Uruguai co presidente da Xunta de Galicia,...
-
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, avogou hoxe polo retorno emprendedor galego como eixo vertebrador sobre o que impulsar o reto demográfico e as melloras no eido empresarial. “Desde a Xunta estamos a traballar no retorno do...
-
O venres 28 de febreiro ás 18:30 h, na Aula Magna do Centre Cultural La Nau da Universitat de València, o Centro Galego de Valencia celebra o Día de Rosalía 2020, dedicado na presente edición a María Soliño, baixo o título Muller e mito. A meiga na...
-
O martes 25 de febreiro ás 19:30 h, na sede da entidade galega na capital cántabra, o Centro Galego de Santander organiza a conferencia El colesterol en la salud: sus efectos a través de la alimentación.
Será pronunciada pola Dr.ª María Dolores Fernández...
-
O martes 11 de febreiro ás 19:30 h, na sede da entidade galega na capital cántabra, o Centro Galego de Santander organiza a conferencia Gallegos en Cantabria, cántabros en Galicia.
Será pronunciada por Gerardo García-Castrillo Riesgo, presidente da...
-
O Centro Galego de Santader organiza os primeiros martes de cada mes ás 19:30 h, na súa sede na capital cántabra, un ciclo de conferencias-coloquio sobre cine, que será impartido por Raquel Zaballa, avogada e experta en temas cinematográficos.
Martes, 4...
-
A Secretaría Xeral da Emigración destina este ano máis de 1,7 millóns de euros a colaborar coas entidades galegas no exterior en actividades e gastos de funcionamento.
Neste sentido, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará o vindeiro día 6 de...
-
O sábado 15 de febreiro a partir das 19:00 h, no Palacio de Bellas Artes da capital azteca, celébrase o 59º Festival de Música, Coros y Danzas de España, cuxos beneficios se destinan a prol da Sociedad de Beneficencia Española IAP (Asilo do Sanatorio...
-
O sábado 15 de febreiro a partir das 21:00 h, na súa sede social de "O Faiado" (Tetuán XIV), o Centro Galego de Castelló O Aturuxo organiza a cea e baile do Entroido 2020.
Prezo: socios/as, 10 €; invitados/as, 15 €; nenos/as -12 anos, de balde (as...
-
Do sábado 1 ao venres 7 de febreiro en horario de 17:00 a 20:00 h, na sede do Lar Galego de Pamplona, permanecerá exposta a mostra Camino de Santiago de Invierno.
A mostra inaugurarase o sábado 1 de febreiro ás 19:30 h cunha conferencia que pronunciará a...