-
O venres 30 de maio ás 21,30 h., na Biblioteca Manuel Boullosa da Xuventude de Galiza - Centro Galego de Lisboa, proxectarase a longametraxe Retornos, do director noiés Luis Avilés Baquero.
Máis info:
No tlf. 21 8853 680
Ou no correo-e geral@...
-
O domingo 1 de maio a partir das 13,30 h., no Salón A Coruña do Campo Corcubión da súa sede de Vicente López, a A.B.C. Partido de Corcubión de Bos Aires organiza un Caldo galego ao estilo Corcubión para celebrar o mes do San Xoán.
Haberá caldo galego con...
-
Comeza esta semana en Barcelona o percorrido de “Galicia, Pórtico Universal”, infraestrutura sinxela e versátil para a promoción exterior da Comunidade Autónoma. Inclúe unha exposición de artesanía galega, mostras de produtos alimentarios galegos non...
-
O sábado 28 de xuño de 13,00 a 22,00 h., na rúa Gostenhofer Hauptstraße, o Centro Galego de Nürnberg e. V. celebra a Festa do Polbo, a máis antiga e importante das que organiza a entidade galega na cidade bávara.
Ademais de polbo e paella haberá...
-
Do luns 26 de maio ao domingo 1 de xuño a Agrupación Hijos de Galicia de Sestao celebra a súa XXX Semana Cultural - Día das Letras Galegas 2014.
Programa (picar aquí para descargar)
-
O venres 30 de maio ás 19,30 h., no Teatro Castelao da sede da entidade galega na capital arxentina, o Centro Gallego de Bos Aires organiza un acto conmemorativo do 70º aniversario da publicación de Sempre en Galiza, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao...
-
O martes 27 e o mércores 28 de maio ás 19,30 h., na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, o Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma) organiza as XXX Xornadas de Cultura Galega - "España, unidade e diversidade sincrónica...
-
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2014 en Cantabria, o 16 de maio de 2014, o Centro Gallego de Santander convoca o XV Concurso literario Julio Camba de relato curto.
Premios:
1º Premio: Medalla do Centro, Diploma e 500 €
2º Premio:...
-
O sábado 31 de maio ás 15,30 h., na sede da entidade galega na cidade berce da bandeira arxentina, o Centro Gallego de Rosario organiza o Té do Outono.
Haberá bebidas, tortas, sorteos e espectáculos
Prezo: 60 $
Mais info na entidade
-
O venres 30 de maio ás 19,00 h. en primeira convocatoria e ás 19,30 h. en segunda, no Gran Salón da sede da entidade galega no estado de Zulia, o Centro Gallego de Maracaibo celebra a súa Asemblea Xeral Ordinaria 2014.
Orde do día:
Lectura da acta...