Que trámites ten que facer na universidade?

Ao mesmo tempo que realiza os trámites de solicitude da bolsa, debe realizar no prazo que sinale cada universidade os trámites de preinscrición ou solicitude de praza nos másteres da súa preferencia e posteriormente, cando sexa admitido/a, debe realizar o trámite de matrícula na universidade pública galega correspondente.

O procedemento nas universidades realízase a través da secretaria virtual da universidade á que pertenza o máster. Estes son os pasos a seguir:

  1. Preinscrición ou solicitude de praza/admisión no máster ou másteres do seu interese.
  2. Publicación de listas de alumnos admitidos
  3. Matrícula nun solo máster no que sexa admitido/a.

Cada universidade establece diferentes prazos de admisión e debe estar en contacto directo con elas para informarse dos programas de máster da súa área de interese, así como dos prazos, requisitos e da documentación que debe achegar.