Que requisitos debe cumprir?
1) No momento de solicitar a bolsa debe cumprir necesariamente os seguintes requisitos:
- Ter menos de 40 anos.
- Ter a nacionalidade española.
- Residir fóra de España.
- Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
- Estar vinculado/a a Galicia dunha das seguintes maneiras:
a) Ser persoa emigrante nacida en Galicia
b) Ser persoa emigrante non nacida en Galicia, pero que residiras en Galicia de forma continuada durante 5 anos, con nacionalidade española antes de emigrar .
c) Ser descendente por consanguinidade (fillo/a, neto/a, bisneto/a...) dunha persoa nacida en Galicia. - Ter rematada algunha titulación universitaria de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, diplomatura, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica ou outro expresamente declarado equivalente, que dea acceso a un máster universitario.
2) Requisito que debe cumprir con carácter previo á concesión da bolsa.
- Estar matriculado/a no curso 2026/27 nun máster universitario dos ofertados nesta convocatoria, dun mínimo de 60 créditos e na modalidade presencial ou semipresencial.