Pódese solicitar a admisión ou matricularse nun máster diferente ao que se sinalou na solicitude de bolsa?

Si, non hai ningún problema en que solicite a súa admisión ou se matricule nun máster diferente ao que sinalou no formulario de solicitude da bolsa. O único importante é que sexa algún dos másteres que ofertamos na convocatoria de bolsas e que envíe o xustificante de matrícula a través da plataforma de bolsas.