Que documentación se ten que enviar dixitalizada xunto coa solicitude?
As persoas solicitantes da bolsa deben enviar vía electrónica xunto coa solicitude a seguinte documentación (é moi recomendable que se envíe en formato PDF y que todos los documentos veñan completos e sexan lexibles):
- Pasaporte español / Documento Nacional de Identidade español (DNI).
- Documentación acreditativa da residencia actual fóra de España.
Este requisito pódese xustificar con calquera da seguinte documentación expedida no seu pais de residencia: certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular correspondente á demarcación na que teña o seu domicilio, certificado da policía, certificado de empadroamento, constancia de residencia actual no seu concello ou localidade, certificado de inscripción no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE), acta notarial, nómina actual, etc.
- Documentación xustificativa de ter residido fóra de España durante un mínimo de dous anos inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
Este requisito pódese acreditar con un ou varios dos documentos seguintes:
- Certificado de inscrición de matrícula no Rexistro de Matrícula Consular (certificado que se pide no Consulado de España do seu país de residencia e acredita a data desde que se está inscrito como residente no estranxeiro ata a actualidade).
- Contratos de traballo con prórrogas e nóminas.
- Historia ou vida laboral (employment history) con contratos de traballo con prórrogas e nóminas.
- Documentación acreditativa da súa vinculación con Galicia, segundo o caso:
a) Persoas nacidas en Galicia: pasaporte ou certificado de nacemento en Galicia.
b) Persoas non nacidas en Galicia pero que residiron en Galicia de forma continuada durante cinco (5) anos, con nacionalidade española antes de emigrar: histórico do Padrón municipal do/s concello/s galego/s.
c) Descendentes por consanguinidade dunha persoa nacida en Galicia: certificados de nacemento ou libro de familia que acrediten toda a liña de parentesco por consanguinidade, desde a persoa nacida en Galicia (avó/avoa, pai/nai...) ata o nacemento da persoa solicitante.
- Título universitario/Diploma que dea acceso ao máster ou documentación que acredite que o título/diploma está en trámite.
Para as titulacións que constitúen un segundo ciclo de estudos equivalentes a un nivel de grao, debe enviarse os títulos de cada un dos ciclos.
- No caso de títulos estranxeiros de estudos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) dunha duración de tres anos debe presentar a certificación de que o título emitido faculta, de acordo coa normativa de estudos superiores universitarios do teu país, para o acceso a estudos de mestrado.
- No caso de titulacións españolas: certificado do expediente académico do título universitario realizado no cal conste a nota media na escala numérica de 0-10.
- No caso de titulacións obtidas no estranxeiro:
- a) Certificado do expediente académico, analítico ou histórico escolar, en que consten a totalidade das materias cursadas coas cualificacións obtidas, incluíndo se for o caso, o número de créditos de cada materia, así como as materias cursadas no Ciclo Básico Común daquelas titulacións que formen parte do seu plan de estudos. De figurar neste certificado materias aprobadas por recoñecemento, validación, transferencia, equiparación, homologación ou equivalencia sen cualificación terán que presentar a certificación coas cualificacións das materias superadas en orixe para a súa valoración. Para as titulacións que constitúen un segundo ciclo de estudos equivalentes a un nivel de grao, se deberá presentar o certificado do expediente académico, analítico ou histórico escolar de cada un dos ciclos.
- b) Escala de avaliación/cualificación e a nota mínima requirida para aprobación dunha materia: histórico escolar, analítico, regulamento universitario ou outro documento acreditativo.
- c) Documento de declaración de equivalencia das notas medias de estudos e títulos universitarios realizados no estranxeiro aos correspondentes españois, que se realizará en liña a través da sede electrónica do Ministerio de Universidades do Goberno de España. (Noutra pregunta frecuente explícase como realizala)
Para las titulacións que constitúen un segundo ciclo de estudos equivalentes a un nivel de grao, se debe presentar a declaración de equivalencia de cada un dos ciclos.