A provincia con máis patrimonio monumental e natural de España

A riqueza etnográfica que posúe Ourense é das menos coñecidas do Estado.
A provincia con máis patrimonio monumental e natural de España

A provincia de Ourense adoita saír nos medios de comunicación cada vez que se publican os indicadores de benestar social de España, pois aparece sempre na parte inferior da lista. Isto pode ser certo oficialmente, pero non ten reflexo na realidade; só hai que coñecer, por exemplo, a calidade de vida de moitos dos seus municipios, principiando pola capital. E contrasta sobre todo coa súa enorme, variada e xeralmente descoñecida riqueza monumental, artística e natural. Ourense é, segundo moitos estudosos, a provincia máis afortunada do Estado neste sentido.

Dende grandes obras da enxeñaría romana ou maxestosos cenobios románicos ata a sinxeleza de aldeas conservadas diseminadas por iso que coñecemos como o "Ourense profundo" que non é outra cousa que un amplísimo catálogo de pequenos núcleos de poboación que conservan a estrutura e a estética de séculos atrás, a Galicia que foi. Esas pedras graníticas que aínda trazan moitas das canellas, e sendeiros que levan ata unha natureza de bosques autóctonos e parques naturais.

(O capítulo completo e máis singularidades de Galicia, no libro Galicia en cen prodixios, de Henrique Alvarellos (Edicións Xerais, 2004))

781 lecturas