A ponte con maior arco do imperio romano

Ourense posúe unha das maiores obras da arquitectura vial do Lacio.
A ponte con maior arco do imperio romano

Xunto coa Muralla de Lugo e a Torre de Hércules da Coruña, a Ponte Romana sobre o Miño que comunica a cidade de Ourense completa esa tríade dos máis espectaculares monumentos que o Lacio construíu en Gallaecia.

A Ponte Romana ourensá é unha das maiores obras de arquitectura vial de todo o Imperio. O seu arco central ten unha luz aproximada de 38 metros, o maior van de todas as pontes romanas de pedra, superando en máis dun metro o de San Martiño de Aosta (ao noroeste de Italia, con 36,6 metros) e igualando á maior ponte coñecida dos feitos en madeira polos romanos, o de Traxano sobre o Danubio.

Esta magna infraestrutura, orixinaria do século I, da época de Augusto, formaba parte dunha vía secundaria que comunicaba coa vía XVIII (o camiño Bracara-Asturica).

(O capítulo completo e máis singularidades de Galicia, no libro Galicia en cen prodixios, de Henrique Alvarellos (Edicións Xerais, 2004))

2037 lecturas