O maior tesouro afundido da Coroa Española

Un millón de kilos de prata da batalla de Rande dormen no fondo da ría de Vigo.
O maior tesouro afundido da Coroa Española

O tesouro máis grande da historia da coroa española chegado da América no século XVIII perdeuse nas augas da ría de Vigo durante a coñecida como Batalla de Rande, unha das páxinas máis cruentas na historia de España e a máis encarnizada da historia de Galicia. Durou soamente día e medio, o 23 e 24 de outubro de 1702, nas inmediacións de onde hoxe está a Ponte de Rande. Dezanove galeóns españois cargados de pezas valiosas e escoltados por 23 barcos de guerra franceses sucumbiron contra as tropas británicas e holandesas. En total, uns 2.800 mortos de ambos os dous bandos.

Aquel día entraba nesta ría un valioso cargamento con máis de cen millóns de pezas de prata, ouro, vaixelas e outras prezadas mercadorías procedentes das colonias do Novo Mundo e acumuladas ao longo de tres anos. Suponse que un terzo do tesouro pode permanecer no fondo embarrado das frías e profundas augas fronte a Vigo xunto cos restos dos galeóns afundidos.

(O capítulo completo e máis singularidades de Galicia, no libro Galicia en cen prodixios, de Henrique Alvarellos (Edicións Xerais, 2004))

1653 lecturas